A Cofradía da Veracruz recupera a programación da Semana Santa, aínda condicionada pola pandemia, sen as procesións tradicionais e con celebracións alternativas. Consulta aqui o programa completo.
Tras dous anos polo obrigado parón motivado pola pandemia, a Cofradía da Veracruz recupera este ano 2022 a programación de celebracións, aínda que será unha programación adaptada a situación sanitaria, sen as tradicionais procesións da Semana Santa carballiñesa e no seu lugar, con celebracións alternativas e algunhas novidades, como o Via Crucis Procesional na noite do venres santo que sustituirá á multitudinaria procesión do Santo Enterro.
Abrindo o arquivo adxunto podes consultar toda a programación de actividades e celebracións para esta Semana Santa carballiñesa 2022: