A Cofradia da Veracruz suma novas actividades á Semana Santa carballiñesa, entre elas a exposición "Don Evaristo, sempre connosco"
A cofradia da Veracruz presentou a Semana Santa carballiñesa no centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense, coa presenza do alcalde do Carballiño, o bispo ourensano e o presidente da Deputación.
O encargado de presentar a programación desta Semana Santa foi o confrade maior Rafeal Melero, quen destacou as novidades que este ano engadiron ao programa como é a exposición "Don Evaristo: Sempre connosco", que se situará na capela do santo do templo da Veracruz; o ciclo de conferencias "Ante a Semana santa: de san Francisco a santaTeresa"; e as dúas novas imaxes adquiridas pola cofradia para enriquecer esta Semana Santa: Unha María Magdalena e un Cristo de la Sentencia, que procesionarán por primeira vez este ano.
Durante a presentación o Bispo de Ourense recalcou a calidade da Semana Santa Carballiñesa, referencia da semana santa ourensana, así como o traballo e sacrificio dos confrades para crear e manter durante estes 8 anos unha tradición como esta.
Ademais dos actos antes referidos, a Semana Santa carballiñesacomezará o 15 de marzo, coa solemne bendición e santa misa en honor das novas imaxes, en e templo da Veracruz. O 27 de marzo terá lugar a procesión do venres de Dolores, para continuar o 29 de marzo coa celebración do domingo de Ramos.
Xa no mes de abril, o 1, celebrarase o viacurcis dos mozos, a partir das 20:30 horas. O 2 de abril celébrase o Xoves Santo, que leva consigo varias citas relixiosas como a celebración penitencial ás 10:00 na igrexa do centro, a cea do señor ás 16.30 na capela do asilo de anciáns, acto que se repetirá na Veracruz, durante a que se realizará o lavatorio de pés e o traslado do santo ao monumento, onde permanecerá para a adoración solemne dos fieis.
Ese mesmo día ás 23:30 terá lugar a procesión penitencial da Sentenza dende a capela dos irmáns prieto á Veracruz. O 3 de abril, celebración do venres santo, da Paixón do Señor, na capela do asilo ás 16:30, e ás 18:00 na Veracruz. Ás 21:00 procesión do santo enterro ou "Dous Caladiños".
O 4 de abril, sábado santo, solemne liturxia da vixilia pascual, tanto na capela de dos irmáns prieto como no propio templo da Veracruz.
Os actos finalizarán o 5 de abril, domingo de pascua, coa celebración da resurección do señor.