Cóidate, reláxate e divírtete en Maside, desenvolveráse no mes de outubro, con diferentes actividades.
O Concello de Maside pon en marcha o I Programa de actividades lúdicas-saudables para adultos, que se realizarán ó longo do mes de outubro deste ano 2010 e que está orientado a persoas maiores de 30 anos. Este programa está incluído dentro da Campaña de Citymarketing ¡VIVE MASIDE!, na que se promociona Maside como un concello que ofrece Calidade de Vida e benestar.
Os obxectivos que se buscan con este programa son:
- Ofrecer unha actividade de lecer divertida e innovadora, ó mesmo tempo que beneficiosa para o corpo e sobre todo para a mente dos nosos veciños e amigos.
- Potenciar os lazos de veciñanza e a sociabilidade entre as nosas xentes.
- Dar a coñecer e potenciar a valorización de puntos importantes do noso Concello, como son o Puzo do Lago ou a Rañoa, tanto ós nosos veciños como ós foráneos que se sintan atraídos por estas actividades.
- Informar e Concienciar sobre a importancia terapéutica do termalismo, da natureza e do deporte como elementos imprescindibles nunha vida de calidade.
As actividades que se levarán a cabo son:
- Taichi: 3 de outubro ás 17.00 horas na Paraxe Natural do Puzo do Lago.
- Risoterapia: 17 de outubro na Casa de Cultura de Maside.
- Termas de Outariz: 22 de outubro.
- Yoga: 24 de outubro na Rañoa.