Colas kilométricas ante as pulpeiras e participación multitudinaria, nunha Festa do Pulpo como as de antes
A primeira Festa do Pulpo tras a pandemia, a edición número 60 da súa historia e primeira co recoñecemento de "Interese Turiístico Internacional" volveu ser multitudinaria, cunha afluencia de visitantes a O Carballiño que foi a máis co avance da semana e alcanzou o seu punto álxido a partir do venres, cunha afluencia masiva nas xornadas do sábado e o domingo.
A noite do venres xa facía presaxiar unha gran participación nas actividades da fin de semana, e como pode apreciarse na fotografía da actuación do Combo Dominicano da Praza da Veracruz, foron miles de persoas as que protagonizaron unha das verbenas con máis público de cantas se recordan no Carballiño.
O ambiente continuou índo a máis na xornada do sábado, coa festa das peñas da Festa do Pulpo e o Pirata na Praza Maior, seguida dunha noite que desbordou por completo á hostalaría carballiñesa, primeiro nos restaurantes e locais de comida que rexistraron un cheo total, e despóis nunha noite-madrugada do domingo que deixou desabastecidos a varios locais, ao quedarse sen algunhas bebidas, esto sucedía na madrugada do domingo e cando deberían ter previsión tanto para o domingo como o lúns que é festivo, o que da unha idea do curto que se quedaron nas súas previsións ante a avalancha de público que rexistrou O Carballiño.
Xa na xornada dominical, a estampa do dia estan a ser as colas ante as caldeiras das pulpeiras tanto no parque municipal -onde se mantén a Festa do Pulpo máis xenuína e tradicional- como esta outra máis urbana dos últimos anos nas rúas do Carballiño. E é que tanto no parque, como nos locais de comidas, como no ámbito familar nos fogares carballiñeses, como cada segundo domingo de agosto, réndeselle tributo ao mellor pulpo do mundo, o pulpo do Carballiño.