Colectivos veciñais e concello crean un grupo de traballo que demandará melloras no transporte ferroviario e por estrada
Os colectivos veciñais do Carballiño, xunto co concello, formarán un grupo de traballo para demandar a mellora do transporte público, tanto ferroviairio como por estrada, coas principais cidades.
Esta é unha das iniciativas que se acordaron durante unha reunión desenvolvida entre os representantes do movimiento veciñal e o grupo de goberno municipal para analizar, entre outras cuestións de relevancia, a situación actual do transporte público do Carballiño coa capital da provincia, a capital de Galicia e o resto das cidades.
Asemade, propúxose integrar nesta comisión a todas as forzas políticas con representación municipal, e incluso aos demáis concellos da comarca, co obxectivo de facer unha fronte común para reclamar a mellora do transporte público en toda a comarca.
A desaparición do servizo do tren-hotel en dirección a Madrid, a supresión de servizos ferroviarios de cercanías con Santiago e Ourense, e a cativa oferta de transporte de autobuses, despertaron as queixas dos colectivos veciñais, que están dispostos a mobilizarse a carón do concello do Carballiño para evitar a desconexión paulatina da cabeceira da comarca coa capital da provincia e as cidades máis importantes en transporte público.
Precisamente, o acordo subscrito será exposto no decurso da sesión plenaria do próximo luns, onde se debatirá unha moción alusiva a esta cuestión.
O grupo de traballo estará formado, en principio, por tres representantes da federación de asociaciónsveciñais, outrosdous representantes dos colectivos veciñais, o alcalde e o concelleiro de promoción económica, en representación do grupo de goberno municipal. E se espera que se incorporen representantes do resto dos grupos con presencia no concello.
Para conseguir o obxectivo de mellorar as conexións se agotarán as vías institucionais, pero non se descarta promover unhamobilización social, adoptando medidas de protesta e presión na rúa e, sobre todo, nasestacións do ferrocarril e dos autobuses.
Tanto os representantes veciñais como dende o concello se considera que o transporte colectivo non é unha cuestión de rendibilidade económica, senón de interese social, xa que se trata dun servizo público esencial para cohesionar a comarca e evitar o paulatino e dramático despoboamento que se está a producir nas zonas rurais.
O envellecemento e a dispersión dunha poboación comarcal de preto de 30.000 persoas, precisa un bo servizo público de transporte para non quedar illado. E, por isto, os veciños e a institución municipal están dispostos a tomar as medidas necesarias que conduzan a evitalo.