A comarca alcanza os 158 contaxios activos de coronavirus, deles 124 no Carballiño
O Carballiño incrementa outro día máis os contaxios activos de Covid-19, neste sábado 10 de Outubro son dezaoito casos máis ca onte, alcanzándose a cifra de 124 veciños e veciñas do Carballiño que a dia de hoxe están pasando pola enfermidade.
Tamén aumentan os casos na suma dos concellos da comarca, onde onte tiñamos contabilizados 29 casos e hoxe pasan a 34, cinco máis nas últimas 24 horas. Beariz baixa dous casos e quédase con 4, pero aumentan os contaxios Boborás que pasa de 9 a 12, Maside que onte tiña 4 e hoxe sitúase con 7, e tamén incrementa un caso San Amaro, que ten 2. Manteñense sen variacións O Irixo (4) San Cristovo de cea (3) Piñor (2) e Punxín (0)