A comarca contará con 10 novas Casas do Maior: Boborás (3) Maside (2) San Amaro (2) O Irixo (1) Piñor (1) Punxín (1) Recibirán da Xunta 590. 580 euros en axudas para a súa apertura.
Con esta nova convocatoria de axudas que ven de resolver a Dirección Xeral do Maior e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, a do Carballiño pasará a ser a comarca galega con máis Casas do Maior, cada centro terá unha capacidade de 5 prazas, que serán gratuítas para os usuarios, que deberán ser persoas maiores de 60 anos e a diferencia de convocatorias anteriores, non terán necesariamente que ter recoñecida discapacidade algunha. A atención será de lúns a venres cun máximo de 8 horas diarias.
No caso da comarca carballiñesa, os 10 novos proxectos están promovidos por persoas físicas, que recibirán en cada caso unha axuda de 59.058 euros en 3 anualidades (2021, 2022 e 2023), polo que as axudas suman un total de 590.580 euros para estas 10 novas Casas do Maior nos concellos de Boborás, Maside, San Amaro, O Irixo, Piñor e Punxín.
Boborás poderá contar con 3 centros, promovidos por Ana María Pereira, Ana María Vidal e José Manuel Lois.
Maside terá 2 novos proxectos, cuxas promotoras son María Luisa Rodríguez e Ana Belén Fernández.
San Amaro abrirá 2 novas Casas do Maior, das que serán as titulares as emprendedoras Cristina Vázquez e Antonia Suárez.
Completan a relación de proxectos subvencionados para a apertura deste servizo na comarcas, os promovidos por Purificación Fernández no concello do Irixo, Rosa María Dacunha para o municipio de Piñor e Manuel Pérez en Punxín.
As persoas beneficiarias destas axudas teñen agora dous meses de prazo para achegar a documentación requerida na convocatoria e acreditar o acondicionamento dos inmobles nos que se ubicarán estas Casas do Maior.