A Comarca do Carballiño contará este verán con voluntarios que exercerán labores de vixilancia e prevención dos incendios forestais
A Comarca do Carballiño será a única dentro da oprovincia de Ourense, e unha das seis de Galicia, que contarán este verán con voluntarios da campaña de vixilancia e defensa do monte galego, que poñen en marcha conxuntamente as consellerias de traballo e medio rural. O operativo iniciaráse o vindeiro día once de xullo deste mes de xullo e prolongaráse atá o 20 de setembro. En total, serán 600 persoas maiores de 18 anos as que levarán a cabo labores de prevención e vixilancia no ámbito territorial das seis comarcas elexidas, entre elas O Carballiño, consideradas como de moi alto risco para os incendios forestais, debido as altas cantidades de biomasa combustible que presentan os montes. Os voluntarios realizarán tarefas complementarias e en ningún momento suplantarán ós equipos profesionais, e consistirán en percorrer camiños e montes para disuadir ós posibles incendiarios, facilitar información á veciñanza sobre as queimas, localizar vertedorios incontrolados, tqarefas de vixilancia e mesmo de apoio loxístico ás "cuadrillas" profesionais.