A comarca perde 333 habitantes, tras a última actualización do padrón municipal. O Carballiño, que perde poboación por cuarto ano consecutivo, con -59 habitantes , é o que menos perde entre os grandes municipios da provincia
No ano 2013, daquéla con 14.355 habitantes, O Carballiño alcazara o seu teito histórico de poboación.
Dende o ano 2014, o municipio acumula catro anos nos que perde poboación, tras a última actualización do Padrón Municipal de Habitantes, o municipio carballiñes rexistra -a 1 de Xaneiro de 2017- unha poboación oficial de 13.854 habitantes, medio millar menos en relación a fai tan so catro anos atrás.
Tras esta nova actualización do Padrón, O Carballiño perde 59 habitantes no transcurso do último ano. Aínda asi, é o municipio que menos poboación perde entre os grandes da provincia, xa que Verín perde 142 habitantes, O Barco de Valdeorras 180, e Ourense, con 257 habitantes menos.
O resto da Comarca perde 274 habitantes
A perdida de poboación é áinda moito máis acentuada nos oito concellos restantes da comarca carballiñesa, que no último ano perdeu 274 habitantes, no conxunto dos concellos de Maside, Boborás, San Amaro, San Cristovo de Cea, Piñor, Punxín, Beariz e O Irixo.
Maside baixa no seu padrón en 21 habitantes, e quédase con 2.797. Boborás perde 68 habitantes e fixa a súa poboación oficial en 2.375, San Cristovo de Cea descende en 62 habitantes, e pasa a ter unha poboación de 2.241 habitantes. O Irixo, quédase cunha poboación de 1.519 habitantes, tras baixar en 27 persoas; Piñor, que perde 40 habitantes, fixa a súa poboación en 1172 persoas; San Amaro, con -24 no ultimo ano, quédase con 1112 habitantes.
Por vez primeira na súa historia, Beariz baixa da barrreira dos 1.000 habitantes, xa que ao perder 21 habitantes, pasa a contar con 982 persoas empadronadas no municipio. Finalmente, Punxín, tras perder 13 habitantes no último ano, conta con 713 habitantes.