As Comarcas do Carballiño e O Ribeiro, moi por detrás da media galega no acceso e utilización da internet

28, Xaneiro 2010

Tan só o 18,36% dos fogares das Comarcas do Carballiño e o ribeiro contan con acceso a internet, alomenos así o pon de manifesto a última enquisa sobre as condicións de vida das familias galegas relativa ás novas tecnoloxías, que ven de publicar o Instituto Galego de estatística. Con este dato confirmase que as Comarcas do Carballiño e O Ribeiro van moi por detrás doutras zonas de Galicia, xa que a media galega de acceso á rede acada ó 33% dos fogares, polo tanto, 15 puntos por debaixo no ámbito das dúas comarcas en relación á media autonómica. A "fenda dixital" inter-comarcal tamén se confirma noutros datos deste mesmo estudio do Instituto Galego de Estatística, xa que se utiliza menos o ordenador, realizanse menos compras a través da rede, e tamén se dispón de menos teléfonos móbiles que no resto de Galicia. Así, a porcentaxe da poboación maior de cinco anos que se conecta habitualmente a internet representa o 31,09%, aproximadamente unhas 14.400 persoas no conxunto das dúas comarcas. E tan só o 6,81% da poboación intercomarcal utilizou internet nas súas realcións coa administracción, serían desta maneira arredor de 3.300 persoas as que realizaron algún trámite coas administraccións públicas a través da rede. En canto ós fogares que contan con ordenador, son o 29,68% nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro. Bastantes máis en relación ó resto de Galicia, tanto no acceso a internet como na súa utilización.