As Comarcas do Carballiño e O Ribeiro perderán na próxima década o 13,3% da súa poboación, según o IGE
As Comarcas do Carballiño e o O Ribeiro situaránse así entre as que máis poboación perderán nos próximos dez anos no conxunto galego, según revela un estudio feito público polo Instituto Galego de Estatística.
Calcúlase que o saldo vexetativo negativo acadará cifras dramáticas: no ano 2021 O Carballiño-O Ribeiro perderá o 13,3% da súa poboación actúal, esto é, arredor das 6 mil persoas. Dunha poboación actúal de 48.000 habitantes, quedarémos no 2021 nunha cifra no entorno dos 42.000.
Ademáis, outro danto certamente relevante, dentro da poboación intercomarcal do ano 2021, as persoas maiores de 85 anos representarán o 25% da poboación maior de 65 anos, é decir, que xa non só se falará de poboación envellecida, senón sobreenvellecida. A proxección apunta tamén a que o 36% do total da poboación intercormarcal superará os 65 anos de idade. Precisamente o envellecemento da poboación e as baixas taxas de natalidade son as causas que propiciarán na vindeira década esta dramática caida demográfica no conxunto das dúas comarcas
A nivel galego, o estudio reflicte que se perderá o 3, 2 por cento nos próximos dez anos. Por provincias, o IGE calcula que Lugo sufrirá a caída demográfica máis grande, que será do 7,5 por cento, seguida de Ourense, que perderá o 7 por cento da súa poboación, mentres que na Coruña e Pontevedra o descenso situaráse no 2,4 e 1,4 por cento, respectivamente.