Comeza a instalación da fibra óptica, que chegará a todas as parroquias do municipio
A fibra óptica chegará nos próximos meses a todas as localidades do municipio, según aseguran dende o goberno do concello.
O alcalde de San Amaro, Rubén Gómez, informa que “esta semana comezarán a instalación no núcleo de San Amaro e posteriormente extenderase a tódalas parroquias do municipio”, e sinala que “dende o Concello estamos a traballar para facilitar a labor”.
Asimesmo, Gómez sinalaba que “estamos a traballar paralelamente para mellorar a cobertura móbil no concello, xa que se trata dunha demanda histórica dos veciños e veciñas de San Amaro e moi necesaria, que precisamos poñerlle solución o antes posible”.
Dende o Grupo de Goberno son conscientes de que o acceso ás tecnoloxías da comunicación son un punto moi débil no Concello, “algo no que estamos a traballar para mellorar, xa que nos tempos nos que estamos é imprescindible solucionar”, finaliza Gómez.