Comeza a pretempada do regreso de C.D. Arenteiro á Preferente
Un total de 23 xogadores iniciaron este pasado lúns as sesións de pretempada ás órdes de Ramón Dacosta. A falta de algunha incoporación de última hora para reforzar a parte de atrás do equipo, dase por practicamente pechada a composición dun plantel que terá unha media de idade de 23,5 anos.
O Presidente José Antonio Iglesias "Cadavid" dirixíu unhas palabras de benvida neste primeiro adestramento en Espiñedo, nas que animou aos xogadores "a levar o nome do Arenteiro e do Carballiño con orgullo e dignidade e pelexar para estar entre os mellores da categoria".
Dos 23 futbolístas que defenderán ao Arenteiro 2012-2013 na preferente sur do fútbol galego, 10 son da casa, e o resto, salvo Kennedy, proceden do fútbol provincial.
PORTEIROS: Continuan Pachi e Samuel e incorporase Macia, procedente do C.D. Lalín, última fichaxe.
DEFENSAS: Dabarca, Escudero, Prada, Pana, e Igor, que continuan do ano pasado. Incoporanse Tazos, Xurxo e o xuvenil Somo.
MEDIOS: Takón, Gabriel, Marcos Sotelo, Bardelás e Kennedy, que xa estiveron na tempada anterior, e aos que se suman Roberto Dacosta, Iago Garrido e o xuvenil Oscar.
DIANTEIROS: Continuan no equipo Iglesias, Cancelas e Canexón. As novas altas son Cristian Dacosta e David Soares.
PARTIDOS DE PRETEMPADA:
O domingo dia 5 de agosto ás 7 da tarde presentaráse o C.D.Arenteiro en Espiñedo en partido fronte á U.D. Barbadás, da 3ª división. O domingo seguinte, 12 de agosto, xogaráse o trofeo "Festa do polbo", tamén en Espiñedo, ante o Coruxo F.C., o equipo vigués da segunda división B.
COPA DEPUTACIÓN NA PEROXA
No terceiro fin de semana de agosto o Arenteiro xogará a fase previa da Copa Deputación entre equipos de preferente e 1ª autonómica, a eliminatoria a partido único será no campo da Peroxa, ante o equipo local.
PRIMEIRO PARTIDO DE LIGA EN SANXENXO
O C.D. Arenteiro xogará o primeiro partido de liga a domicilio, será o domingo 26 de agosto viaxando ao campo do recén descendio Xuventú de Sanxenxo. O primeiro partido de liga como equipo locatario en Espiñedo será o domingo 2 de setembro ante o Mondariz. Na terceira xoranda de competición ligueira, os carballiñeses desplazaránse atá o campo da Lomba de Vilagarcía, para enfrontarse ao Arosa S.C.