Comparsas, charangas e as carrozas de Parada animan este sábado o Carnaval de Verán do Carballiño.
Dende o Concello do Carballiño animan á veciñanza a que saia disfrazada nesa xornada e tamén a que comerciantes e hostaleiros colaboren en crear un ambiente festivo que,de seguro, vai encher as rúas da vila. Cabe recordar que esta xornada de sábado contará con varios eventos previos, como a festa do programa da Radio Galega “Pensando en ti” de Marcial Mouzo, que ten congregado a máis de 20.000 persoas e que arrincará ás 10h no parque municipal ou a actuación dunha das mellores orquestas de Galicia como é a Gran Parada, tamén no parque urbán do Carballiño ás 18h.
Así, o desfileo carnavaleiro deste sábado dia 9 de xullo comezará ás 20:30 no templo da Veracruz, pasando pola rúa Curros Enríquez, Xulio Rodríguez soto, Partido Carballiñés en Bos Aires e Rúa Principal. No mesmo, participarán famosas comparsas da comarca como os Arrieiros de Dacón, Os nevadiños, Os Silleiros de Maside, a Asociación Entroula e Anpa da Uceira ou a comparsa de Partovia. Tamén estarán presentes os inxeñiosos veciños de Amoeiro cas súas carrozas ou os espectaculares Solfamidas de Campo Lameiro.
Unha vez rematado o desfile, tres charangas animarán as rúas do Carballiño e continuarán ca festa de disfraces. A Charanga CLK, Castro Bello e Dr. Anchoa percorrerán as rúas da vila ata entrada a madrugada como peche da programación. Por todo esto e, unha vez asegurado o bo tempo, agárdase que O Carballiño viva unha nova e intensa xornada festiva cunha gran participación.