Composicións, videoclips, workshops e festivais de andar por casa, e actuación solidaria do gaiteiro carballiñés Isidro Vidal

22, Abril 2020

O gaiteiro carballiñés Isidro Vidal comezou a corentena compoñendo música e compartindo estas partituras de balde na rede diariamente, recordando así aquel proxecto de composición diario #composicion365 que realizou en 2018 acadando cifras próximas ás 100.000 descargas.

Seguindo co prolongamento do estado de alarma, realizou 15 videoclips con cancións tradicionais sacadas do contexto estético musical habitual, coas súas variacións e arranxos, que bautizou coma #desbrocetradicional. As grandes cifras de cota de descargas e visualizacións, o levaron a comezar a semana pasada unha serie de workshops gratuítos que realizará durante durante este mes cada venres.

As actividades culturais e gratuítas non so quedan en producións propias, senón que este sábado estará participando no I festival online solidario «Quedo, que teño que quedar», organizado dende Madrid por integrantes do grupo de música tradicional galega Os Sibailas, no que interpretará diferentes pezas do seu repertorio para loitar contra o Covid-19. Este festival solidario conta cunha entrada sen prezo fixo non obrigatoria, que será destinada integramente a Médicos Sen Fronteiras para a loita contra o coronavirus.

O festival realizarase no grupo de facebook «debates gaiteiriles e demais cousiñas» onde Isidro Vidal actuará ás 16.30h.

Páxina da recadación do festival: https://iniciativassolidarias.msf.es/fundraisers/musica-folkcontra-el-co...