Compromiso por Galicia presenta o seu proxecto político no Carballiño
A celebración da feira do 16 animou a campaña electoral no Carballiño, as distintas candidaturas instalaron os seus stands informativos e Compromiso por Galicia elixíu a residencia de maiores para ciriticar a política social do Partido Popular.
O Candidato nº 1 desta nova formación polítca Xosé Manuel Pérez Bouza acompañouse neste acto dos ex-concelleiros do BNG no Carballiño e Cea, Manuel Amil e Xosé Mosquera, e outros membros de CompromisoXGalicia como Xosé Carballido e Xosé A. Jardón.
Pérez Bouza puxo como exemplo da "nefasta política social de Feijóo esta residencia de maiores do Carballiño, que supuxo un investimento de 5 millóns de euros e permanece pecaha, a austeridade de Feijóo convertese no maltrato aos maiores, igual que acontece cos expedentes de dependentes sen resolver e a privatización do servizo de comida nestes centros públicos, unha persoa que maltrata aos seus maiores non é merecente de seguir sendo presidente da Xunta de Galicia", subliñou.
No transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio, Pérez Bouza referíuse á campaña electoral "como unha gran oportunidade de achegar o noso proxecto político á cidadanía, con apenas 3 meses de vida que ten este proxecto, para nós é importante aproveitar esta campaña para darnos a coñecer, porque independiente dos resultados do próximo domingo, Compromiso por Galicia chega para quedarse e artellar un proxecto político que vai máis alá destas eleccións", dixo.
A nova forza política aposta "pola defensa, a dignificación e posta en valor da identidade galega, e defender os intereses de Galicia no seu conxunto, promovendo ademáis a participación cidadá na política, asumindo como principios básicos a responsablidade, transparencia e esixencia ética para o desempeño dos cargos públicos" e engadíu que "calquera cargo de Compromiso por Galicia imputado nun procedemento xudicial, presentará de inmediato a súa demisión", manifestou o cabeza de cartel de Compromiso por Galicia.
Xosé Manuel Pérez Bouza tamén avanzou en COPE O Carballiño o modelo social que propugnan "nós non somos antisistema, estamos dentro do actúal sistema, desde logo que o noso modelo non é Cuba nin Corea, senón a socialdemocracia dos países nórdicos, pensamos que os empresarios teñen que gañar o seu diñeiro e os traballadores estar ben pagados e cos seus dereitos, un modelo económico e social que ofreza á sociedade en condicións de igualdade uns servizos básicos universais, públicos e de calidade", salientou.