A Comunidade Cisterciense de Oseira celebra un funeral por Manuel Fraga
Será o venres dia 27 de xaneiro ás 17,30 horas na igrexa monacal de Oseira. A Comunidade Cisterciense recordará asi a quen consideran "foi amigo e gran benefactor deste mosteiro de Santa María A Real de Oseira".
Manuel Fraga, falecido o pasado dia 15, estivo en varias ocasións en Oseira, mesmo durante a súa etapa como Presidente da Xunta de Galicia. Incluso, nun par de ocasións, Fraga reuníu aos seus conselleiros e celebrou consellos do goberno autonómico no propio mosteiro de Oseira, nos famosos "retiros monacais" que Manuel Fraga celebraba cos seus colaboradores unha vez ao ano.