A Comunidade de Veciños afectada polo incendio na Xestoría Cer-Ber manifesta o seu malestar ao considerar que non foron debidamente informados polos Servizos de Emerxencias. Aseguran que 3 persoas precisaron asistencia sanitaria pola inhalación de fume.

7, Agosto 2023

Nun escrito asinado polos veciños do inmoble afectado polo incendio da pasada semana nas instalacións da xestoria Cer-Ber, ubicada no baixo das galerias deste edificio, manifestan o seu malestar ante o operativo desplegado ao asegurar que "nin bomberos, nin Policia Local, nin Protección Civil, nos informaron do que estaba ocurrindo e do que tiñamos que facer", desmentindo asi as informacións difundidas desde os propios servizos de emerxencias.

Descargando o arquivo adxunto "Lo que no ocurrió y pudo ocurrir" pode accederse ao escrito asinado por esta comunicade de veciños, que ademáis acreditan que 3 persoas tiveron que ser atendidas no centro de saúde do Carballiño por inhalación de fume.