As comunidades parroquiais do Arciprestazgo do Carballiño-Orcellón manifestanse "contra o dano físico e moral" da incineradora
Os Sacerdotes e as comunidades parroquiais que forman o Arciprestazgo do Carballiño-Orcellon, que integran a totalidade das parroquias dos concellos do Irixo, Boborás e O Carballiño, veñen de tomar unha postura pública na declaran que "nos unimos a maioria dos veciños desta bisbarra e pobos limítrofes que se opoñen a que se instale esta incineradora".
Xosé Benito Sieiro, Arcipreste e Párroco do Carballiño, explicou en COPE O Carballiño que "non podemos permanecer impasibles, e facémolo polos graves problemas que pode causar esta incineradora ás persoas, e tamén aos animais, á agricultura e ao medio ambiente".
O máximo responsable da Igrexa Católica no Arciprestazgo do Carballiño-Orcellón tamén manifestou no transcurso da súa intervención radiofónica "lamentar moito que non se nos informe con obxetividade dos danos que esta incineradora pode causarnos, por eso estamos contra o dano físico e moral e unímonos á vontade popular que está ampliamente contra esta incineradora, dividindo aos veciños desta bisbarra", manifestou.