A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Baranda, agarda unha pronta solución para resolver a problemática coas traballadoras do SAF e nega que "estean abandonadas"

27, Xaneiro 2025

A concelleira de Servizos Sociais nega que as traballadoras que traballan para a empresa que xestiona o Serizo de Axuda no Fogar estean abandonadas polo concello, como denunciaban estes dias atrás.

Silvia Baranda asegura que está a facer todo o que está nas súas mans, que o concello está ao dia no pago á empresa, e que os pregos para licitar o servizo "está a facerse con todas as garantías para que precisamente non pasen estas cousas cun contrato de máis de cinco millóns de euros".

Escoita aquí a entrevista íntegra da concelleira en COPE O Carballiño: