A Concellería de Igualdade e Benestar conmemora o "dia internacional contra a violencia de xénero"
A Concellería de Igualdade e Benestar do Carballiño, que dirixe a nacionalista Aúrea Francisco Lorenzo, organiza durante esta semana actos conmemorativos do dia internacional contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro, será pois este vindeiro xoves. Antes, este lúns dia 22, ás 8 da tarde no Casino do Carballiño, celebraráse outro acto, que consistirá na conferencia-presentación do libro "O clamor da rebeldia" a cargo da súa autora, a profesora e escritora Pilar García Negro, unha publicación coa que gañou este ano o premio "Vicente Risco" de cencias sociais, e na que a escritora ofrece a súa visión sobre a obra de Rosalia de Castro e a súa influencia sobre as primeiras manifestacións do feminismo.
Xa o xoves dia 25, ás 12 do mediodia, o salón de actos da casa do concello do Carballiño acollerá un acto institucional no que se procederá a lectura dun manifesto do "dia internacional contra a violencia de xénero", e no que concelleiras da corporación municipal e representantes das asociacións de mulleres do Carballiño leerán diversos poemas.Ese mesmo dia, instalaránse altofalantes na Praza Maior que transmitirán música e poemas relativos a esta conmemoración.