A Concellería de Igualdade e Benestar do Carballiño segue avanzando no "plan extratéxico para a igualdade
Áurea Francisco, concelleira de Igualdade e Benestar, xunto a Elisa G. Sánchez-Albornoz, directora do equipo redactor do Plan de Igualdade do Concello do Carballiño, manterán este martes, 15 de xuño unha nova reunión con distintos axentes da sociedade carballiñesa dentro da fase de consulta previa á elaboración definitiva do denominado Plan Estratéxico para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Carballiño.
Despois das consultas xa realizadas ao persoal técnico e político do Concello e ao tecido asociativo (asociacións veciñais, culturais, ecolóxicas, de mulleres...), e das entrevistas feitas ao persoal técnico do centro de saúde e a outros representativos da cidadanía son, nesta ocasión, axentes sociais, educativos e do mundo empresarial os sectores obxecto da nova fase de entrevistas. “A elaboración dun Plan de Igualdade que pretenda ser ambicioso, real e práctico, en canto aos seus resultados, debe procurar a opinión de toda a cidadanía” subliña a concelleira do BNG. Esta xuntanza, como sa xe dixo ao comezo desta nota terá lugar o vindeiro 15 de xuño, a partires das 17:00 horas nas instalacións de Servizos Sociais do Concello do Carballiño, situadas na rúa Faustino Santalices.