A Concellería de Medio Ambiente inicia os traballos de desbroce do sendeiros do Arenteiro e o parque municipal
A concellería de Medio Ambiente comezou este pasado luns un programa de acondicionamento e desbroce do paseo e sendeiros do río Arenteiro, da Piscifactoría e do Parque Municipal.
Operarios da brigada de Medio Ambiente, que ata este momento estiveron ocupados nos traballos de desinfección das beirarrúas e espazos públicos do Carballiño, realizan este traballo, que se iniciou no entorno da Piscifactoría e que nos próximos días proseguirá polo paseo e sendeiros do río Arenteiro, así como polo Parque Municipal, que son os lugares de maior afluencia dende que se permite pasear e facer deporte desde que comenzou o confinamento por causa da pandemia polo Covid-19.
Está previsto que esta semana quede rematado o desbroce do entorno da Piscifactoría, así como das beiras do río Arenteiro, e que a próxima semana se proceda a acondicionar o Parque Municipal.