Concello e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cea súmanse á campaña navideña a favor do Banco de Alimentos
![](https://copecarballino.es/sites/default/files/styles/nodo/public/255079578_3701058530119789_4857751135677665342_n.jpg?itok=Q3_7ciDG)
Un ano máis o Servizo Provincial de Emerxencias pon en marcha a xa tradicional campaña de recollida de alimentos no Nadal. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de San Cristovo de Cea e o Concello de San Cristovo de Cea súmanse a esta iniciativa, como é habitual nos últimos anos.
Tanto o Concello como o Centro de Saúde serán punto de recollida de alimentos, así como todos aqueles supermercados, carnicerías, panaderías, etc que asi o demanden. Como é habitual tamén, dúas entregas, unha a principio e outro ao remate do nadal no Banco de Alimentos.