Concello e Deputación proxectan a construcción dun velorio municipal, melloras en Ricovanca e unha actuación na necrópole arqueolóxica de Garfián.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde de Beariz, Manuel Prado, para abordar as liñas de colaboración abertas entre ambas administracións e perfilar novas iniciativas de cooperación nos próximos meses.
O presidente do goberno provincial comprometeu a axuda da Deputación para avanzar no proxecto do velorio municipal, “unha dotación imprescindible para os nosos veciños”, sinalou o alcalde de Beariz. Ademais, o goberno provincial aportará unha achega para acometer diversas actuacións de acondicionamento e humanización do pobo de Ricovanca.
Manuel Baltar e Manuel Prado tamén pecharon o compromiso da Deputación para actuar na necrópole arqueolóxica de Garfián. “Un proxecto importante para protexer o noso patrimonio e avanzar na potenciación do turismo arqueolóxico”, sinalou o alcalde de Beariz trala reunión, agradecendo a receptividade e apoio da Deputación nestas actuacións.