Concello e Orfeón do Carballiño homenaxean a José Luis Reza Cabano. O salón de actos da casa da cultura levará o seu nome.
A casa da cultura do Carballiño acolleu a homenaxe a quen durante moitos anos foi o director do Orfeón do Carballiño, ademáis de mestre, compositor e veciño do Carballiño, José Luis Reza Cabano.
O alcalde do Carballiño Francisco Fumega e o concelleiro de cultura Diego Fernández representaro á institución municipal nesta homenaxe, e tralo acordo do concello do Carballiño de dar o nome do homenaxeado ao salón de actos da casa da cultura do Carballiño, en recoñecemento da meritoria traxectoria artística e a súa contribución á cultura da musica no Carballiño.
Reza Cabano estivo rodeado de familiares e amigos, asi como compañeiros do Orfeón do Carballiño, que interpretaron varias das súas composicións musicais de canto coral e polifónico.