Concello e patrocinadores presentan o cartel da 61 Festa do Pulpo, obra da artísta carballiñesa Ari Quintas.
O salón de actos do concello carballíñés acolleu a presentación do cartel oficial da 61 edición da Festa da Pulpo, que se celebrará o próximo domingo 13 de agosto.
O cartel anunciador, que desde hoxe mesmo comeza a distribuirse para publicitar esta celebración que desde o ano pasado ten o recoñecento de Festa de Interese Turístico Internacional, é obra da artísta carballiñesa Ari Quintas.
O acto, no que exerceron como anfitrións o alcalde Fumega e o concelleiro de turismo Dacal, contou coa presenza de representantes de varios patrocinadores, tanto privados como institucionais.