Concentración veciñal na Praza Maior do Carballiño "en defensa do asilo"
Maís de 150 veciños e veciñas do Carballiño concentráronse nesta mañá de sábado na Praza maior detrás dunha parcarta na que podía lerse "O Carballiño en defensa do asilo".
Respondían asi á chamada feita en redes sociais, que foi públicamente apoiada polas asociacións veciñais "Camiño" e "Colectivo veciñal O Carballiño", entre os asistentes encontrábanse extraballadoras do xeriátrico carballiñés e tamén algúns representantes dos grupos políticos da oposición municipal no concello, entre eles os portavoces de Partido Popular e Espazo Común, Ricardo Perea e Adolfo Nogueira.
A manifestación foi convocada para expresar as "inquietudes" entre a veciñanza carballiñesa tras a marcha en 2020 das "Hermanitas de los ancianos desamparados", a congregación de relixiosas que exercían como administradoras do asilo dende a súa creación a principios do século pasado. Dende a súa marcha do Carballiño, o xeriátrico está xestionado directamente polo padroado da Fundación Irmáns Prieto, que puxo ao fronte do asilo a un novo equipo directivo. Unhos cámbios que suscitaron controversia en amplos sectores da cidadanía carballiñesa, preocupados polo presente e futuro dunha institución moi querida no Carballiño, como é o asilo.
En clave política, os grupos da oposición veñen esixindo expliacións ao alcalde Francisco Fumega, na súa condición de patrono do padroado que rexe a Fundación. No pleno de xaneiro, a corporación carballiñesa acordou por unanimidade a creación dunha comisión de traballo na xunta de portavoces para aclarar a situación actúal no asilo e tamén sobre diversos aspéctos que teñen que ver tanto coa Fundación Irmáns Prieto Pereira como o padroado que a dirixe.