A concesionaria do transporte sanitario na comarca renova as dúas ambulancias SVB con base no Carballiño
A empresa adxudicataria polo SERGAS para o transporte sanitario programado e transporte sanitario urxente ven de renovar as dúas ambulancias que están destinadas no Carballiño para cubrir este servizo na comarca.
"Ambulancias As Burgas" ven de incoporar dúas novas ambulancias SVB -Soporte Vitál Básico", dotadas de nova tecnoloxía e material sanitario para atender urxencias e emerxencias en ruta. Unha destas ambulancias está operativa as 24 horas do dia, mentres que a outra estao durante doce horas ao dia, de 10 a 22 horas.