Conclúe a instrucción: a xuíza ordena seguir a causa contra os excaldes Pachi Vázquez e Carlos Montes ao apreciar indicios de prevaricación pola contratación de 60 traballadores no concello do Carballiño entre 1999 e 2011

8, Xaneiro 2019

A titular do Xulgado de Instrución número 2 do Carballiño da por rematada a investigación sobre as contratacións de traballadores realizadas no Concello do Carballiño entre os anos 1999 e 2011, unha causa na que se encotran en calidade de investigados os exalcaldes Pachi Vázquez e Carlos Alberto Montes, asi como 3 exconcelleiros socialistas que formaron parte da corporación entre os anos anteriormente citados.

A Xuiza acorda neste auto que se siga a causa contra os cinco investigados polos feitos que se lles imputan fosen constitutivos de cinco delitos de prevaricación continuada.

A decisión xudicial foi dada a coñecer na tarde deste martes por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Neste mesmo auto a xuíza decretou o sobresemento provisional sobre a presunta falsedade documental atribuída a Carlos Montes, tamén que o concello do Carballiño teña que personarse na causa como responsable civil subsdiario.

A xuiza instrutora determina que hai indicios de que os investigados, no exercicio dos seus cargos, subscribiron nos seus sucesivos períodos de mandato «un gran número de contratacións de persoal laboral de duración determinada para o desempeño de labores de competencia municipal». Concretamente foron sesenta os contratos de traballadores no concello do Carballiño que se realizaron durante eses anos e que foron obxeto desta investigación a instancias da Fiscalía.

Foron contratos temporais que acabaron converténdose en indefinidos que realizaron os exalcaldes e exconcejales dos gobernos socialistas sen atender, presuntamente, « aos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade que deben inspirar a contratación pública», según manifesta o auto. Tamén se recolle no auto que os investigados, supostamente, coñecían «as advertencias e reparos de legalidade realizados en ocasións pola interventora e o secretario», recolle a instrutora, quen apunta que en ningún dos casos pediron «informes sobre a legalidade das contratacións que efectuaban».

A instructora tamén suscribe no auto que non puideron encontrarse os expedientes «da inmensa maioría dos contratos obrantes na causa», a pesar das procuras instadas polo xulgado ou o TSXG.

Non obstante, a xuíza aprecia indicios que apoiarían algúns dos argumentos utlizados polas defensas, que alegaron a inexistencia dunha regulagación específica dos procedementos de selección de persoal laboral temporal ao servizo da administración local antes do ano 2007.

A titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño dá con este auto por concluida a instrución e acorda dar traslado ao Ministerio Fiscal e ás acusacións personadas para que no prazo de dez días formulen escrito de acusación, solicitando a apertura de xuízo oral, o sobresemento da causa ou de maneira excepcilnal a práctica doutras dilixencias complementarias.

O auto non é firme, xa que contra él cabe recurso, ante o propio xulgado do Carballiño e a Audiencia Provincial de Ourense, según aclara o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.