Condenan ao portavoz de MoveBoborás por inxurias graves ao alcalde Cipriano Caamaño
As manifestacións que deron lugar á querela presentada no seu dia polo alcalde de Boborás contra José Benito Trigás foron feitas por éste no transcurso de dúas entrevistas en COPE O Carballiño, durante o ano 2013.
A titular do Xulgado do Penal nº 2 de Ourense observou nas intervencións do portavoz de MoveBoborás un delito de inxurias graves con publicidade, e condenao a unha multa de 9 meses cunha cuota diaria de 9 euros, o que supón un total de 2.430 euros. Ademáis, Trigás deberá indemnizar ao alcalde Cipriano Caamaño con 1.000 euros, polos danos morais causados.
Nas súas intervencións radiofónicas nesta emisora de radio, Trigás chegara a cualificar ao alcade como un borracho "que se vai agarrando ás farolas para poder chegar á casa".
O portavoz de MoveBoborás, foi absolto dun presutno delito de calumnias polo que tamén fora imputado na mesma querela.