A Confederación Hidrográfica abre expediente sancionador ó Concello de Leiro polas obras na praza Rei de Viana
O Concello de Leiro deberá facer fronte a un expediente sancionador incoado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, pola obra de acondicionamento da praza Rei de Viana, na vila de Leiro, ó entender que a actuación que se levou acabo invade a zona de protección do regato O Foxón. Trátase da obra de contrucción dun centro social, que o Concello de Leiro financiou a través do Fondo Estatal de Investimento Local correspondente ó ano 2009, un proxecto no que se investiu preto de 200.000 euros. Na comunicación feita pola Confederación ó Concello de Leiro faise constar que a obra non contaba coa preceptiva autorización por parte do organismo estatal. A apertura deste expediente sancionador é consecuencia dunha denuncia presentada ánte a Confederación por parte dun veciño do propio Concello de Leiro.