Confirmado o segundo caso positivo en coronavirus no Carballiño, un traballador do SAF. Outros veciños permanecen á espera das probas.
O home, auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar na empresa que xestiona este servizo municipal, sentíu os primeiros síntomas o pasado dia 14 de Marzo, e dende entón permanceceu en cuarentena, agora confírmase como o segundo caso positivo en coronavirus no municipio do Carballiño. Ningún usuario dos que atendía tivo síntomas.
Responsables de Sanidade confirmonlle esta mañá este segundo caso de coronavirus no municipio ao alcalde Francisco Fumega.
Ademáis, son varios veciños e veciñas do Carballiño que permanecen en cuarentena, con seguimento sobre o seu estado de saúde, tras sentir os síntomas do COVI 19, e a espera de que as probas poidan determinar se están infectados ou non.