A conselleira de Politica Social e Igualdade e a alcaldesa de Boborás abordan novos proxectos para este concello

26, Maio 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, na que repasaron a oferta de servizos sociais do concello e abordaron posibles melloras.

A Xunta promove no concello de Boborás o funcionamento de tres casas do maior e, nos últimos anos, financiou a construción dun parque infantil, a instalación dunha cuberta e a mellora da eficiencia enerxética do Punto de Atención á Infancia (PAI).