A conselleira de Política Social visita as instalacións de Aspadisi e confirma unha subvención de 655.000 euros para a construcción da residencia de atención á discapacidade.
A Xunta outorgoulle 655.000 euros a Aspadisi, asociación de pais de discapacitados psíquicos da comarca do Carballiño, para a creación dunha residencia de atención á discapacidade. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Administración autonómica en Ourense, Gabriel Alén, visitou as instalacións desta asociación, no Carballiño
Aspadisi é unha das dez entidades de Galicia que se beneficiará da nova orde de axudas para a construción ou remodelación de centros para a atención a persoas maiores e con discapacidade de titularidade social, dotada de 13 millóns de euros. Con este apoio económico por parte do Goberno galego, Aspadisi creará un novo centro residencial con 24 prazas.