A consellería de traballo aporta millón e medio de euros para obradoiros de emprego en Cea e Leiro
Outros Concellos da Comarca que tamén presentaran os seus proxectos deberán seguir agardando, xa que de momento as súas peticións non foron atendidas pola consellería de traballo e benestar da Xunta de Galicia. Quenes sí resultaron benficiarios neste reparto foron os Concellos de San Cristovo de Cea e Leiro, que terán os seus respectivos obradoiros de emprego, no caso do concello panadeiro será a primeira vez no que se vai desenvolver un proxecto destas características, mentres que no Concello de Leiro será xa o terceiro. A mediados do mes que ven levaránse a cabo os procesos de selección do director, persoal e alumnado de ambos obradoiros, que terán unha estructura parella, con 25 alumnos en cada caso e tres módulos. En Cea, serán de xardinería, carpinteiría de albanelería, que se ocuparán na recuperación de fontes e fornos comunais existentes nas distintas parrroquias do municipio. Mentres, en Leiro adicarán a súa actividade na obra de construcción dun centro social en Gomariz, aproveitando unha casa propiedade dos veciños da localidade, asi como no acondicionamento dun camiño peonil no campo de abaixo de Leiro e dúas actuacións maís na parroquia de Berán, onde se acondicionará a praza da sede da Entidade Local e o acceso ó balneario de Berán. Para elo, contará con módulos de Albanería, canteiría e outro de recuperación de áreas degradadas. De cumplirse as previsións anunciadas a través desta emisora de radio polos Alcalde de Cea e leiro, en ambolosdous casos os obradoiros iniciarán a súa actividade a finais do mes de novembro ou principios de decembro, e terán continuidade durante doce meses.