A Consellería elude pronunciarse sobre o muro da Veracruz, tras unha nova reunión na que se atenderon as peticións da parrroquia
O Templo da Veracruz contará con dous accesos para vehículos fúnebres unha vez que se remate a urbanización da nova praza, ún deses accesos será desde o novo vial en construcción e o outro desde a rúa dos Canteiros. Desta maneira, quedaría suprimida a actúal rampa de acceso desde a rúa Evaristo Vaamonde. Foi éste ún dos acordos acadados na reúnión celebrada esta mañá en Santiago de Compostela, na sede da dirección Xeral de Urbanismo, e na que participaron o párroco Xosé Benito Sieiro, o responsable de patrimonio do Bispado, Miguel Angel González, xunto ós representantes do Concello do Carballiño. Os redactores do proxecto tamén se comprometeron a asumir outra das alegacións presentadas pola parroquia, a relativa a manter o acceso desde as inmediacións da rectoral á praza, na actualidade en forma de escalinata, que se vai manter aínda que se desplazará a súa ubicación achegandose máis á parte esquerda. Finalmente, os responsables da obra tomaron nota doutras peticións, en relación á canalización de augas e que se deixe cotemplada a conexión da rede de gas ó Templo. Nesta reunión non se abordou a polémica sobre a construcción do muro, e a posible reconsideración deste aspecto concreto do proxecto, tal como demanda unha ampla maioria da sociedade carballiñesa.