A construcción dun Tanatorio Municipal ou o aproveitamento da antiga estación de Renfe, entre os proxectos anunciados pola alcaldesa de Boborás no programa especial dos venres de verán. Escóitao aquí.
O programa especial dos venres de verán de COPE O Carballiño, neste 12 de xullo emitímolo desde as novas piscinas públicas do concello de Boborás,
No mesmo, a alcaldesa Patricia Torres deu a coñecer importantes proxectos para promover desde o concello, entre eles o aproveitamento das edificacións da antiga estación de Renfe de Boborás a través dun convenio de aluguer co Adif ou a construcción dun Tanatorio Muncipal que se ubicará na chamada "casa do cura" na Almuzara, tamén por medio dun convenio de colaboración, neste caso co Bispado da Diócese de Ourense.
Ademáis, neste programa tamén podes escoitar a a Jhony Trigás, emprendedor local de "Terras de Boborás", a Silvia Gómez que xerencia o café-bar das novas piscinas boborenses, ou Agustín Vila da asociación "1809, A Batalla", que se celebra esta fin de semana en Pazos de Arenteiro.