A construcción dunha pasarela elevada na Avda. 25 de Xullo e grupos semafóricos, entre as posiblidades que se estudan para a mellora da seguridade vial na N-541. O Ministerio instalou cámaras contadoras dos tráficos rodado e peonil.
O Ministerio de Tranportes, Mobilidade e Axenda Urbana estuda as melloras que se pretenden levar a cabo na estrada N-541 ao seu paso pola zona urbana do Carballiño, e que se sumarían ás xa anunciadas dias atrás polo concello do Carballiño, para a mellora da seguridade vial no traxecto urbano deste vial, a través da Avenida 25 de Xullo, rúa Francisco Castelló e Estrada de Pontevedra.
Entre outras posiblidades, estaría a construcción dunha pasarela elevada para o tránsito peonil, tamén a contrucción de pasos sobreelevados, asi como a instalación dun grupo semafórico no cruce de interseción coa rúa Otero Pedraio, considerado como un dos máis conflictivos na actualidade. Para avaliar estas posibles melloras, o Ministerio ven de instalar cámaras contadoras tanto do tráfico de vehículo como do tránsito peonil.
Estas melloras para a seguridade vial, sumaríanse ás demandadas polo concello do Carballiño, e que se centran fundamentalmente no tramo entre a cruce da rúa do Irixo ata o cruce de Toscaña, e que contemplan a ampliación de beirarrúas, intalación dunha nova iluminación con LED, e a construcción dunha rotonda a altura do cruce de Toscaña, un proxecto elaborado polo concello carballiñés e orzamentado en preto de 800.000 euros, e para o que o concello agarda o apoio do Ministerio con vistas á súa execución.