Continúa o repunte Covid: O Carballiño suma 12 contaxios activos. Beariz, Maside, O Irixo e Piñor 1 caso, e O Ribeiro alcanza os 32.
Continúan declarandose novos positivos de coronavirus no ambito intercomarcal O Carballiño-O Ribeiro nas últimas horas. Desta maneira, O concello do Carballiño xa ten hoxe 12 contaxios activos, mentres que Beariz, Maside, O Irixo e Piñor rexistran un caso, respectivamente.
No Ribeiro, Ribadavia xa suma 20 contaxios activos. O concello da Arnoia ten 5 casos, con 2 figuran os concellos de Avión e Carballeda de Avia e con un contaxio activo permanecen outros tres municipios: Melón, Cortegada e Cenlle.