As continuas deficiencias na calidade da subministración eléctrica na zona urbana do Carballiño suman xa máis de 2 semanas. O concello xa expresou a naturgy o malestar por esta problemática.
Os continuos microcortes da rede eléctrica que están a rexistrarse no suminstro dende fai maís de dúas semanas e que veñen afectando a unha ampla zona do casco urbano do Carballiño foron motivo de queixa xeralizada por parte da audiencia desta emisora de radio.
As deficiencias xa provocaron danos en vivendas e mesmo en instalacións industriais na área emrpesarial do Carballño, e foron numerosos os ointes de COPE O carballiño que demandaron unha intervención por parte do concello carballiñés para esixir da emrpesa submistradora unha solución inmediata a esta problemática, que radica nas bruscas variacións da voltaxe na rede electrica que abastece á vila do Carballiño.
O concelleiro de Seguridade e Emerxencias do concello Carballiñés, Alberto Otero trasladou este malestar veciñal ao delegado provincial de Naturgy. Escoita aquí a entrevista en COPE O Carballiño: