Controlado o incendio forestal dos últimos dias na parroquia de Oseira, tras queimar 55 hectáreas de monte arborado. Escoita aquí a entrevista a José Dalama, portavoz do concello de Cea.
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira, quedou controlado ás 23,55 horas de onte.
O lume iniciábase o martes, día 20, ás 16,24 horas e segundo as últimas medicións afecta unha superficie de 55 hectáreas, todas elas de monte arborado. Para o seu control mobilizáronse, ata o de agora, 5 técnicos, 31 axentes, 49 brigadas, 33 motobombas, 4 pas, 8 avións e 8 helicópteros.
Entre as brigadas mobilizadas, participaron tamén nos labores de extinción dous equipos de bombeiros de Estonia, que se atopan de estadía en Galicia no marco do mecanismo europeo de protección civil.
Escoita no PODCAST a entrevista ao concelleiro de comunicación de San Cristovo de Cea, José Dalama: