Converter a antiga fábrica de papel de Lousado nun centro cultural, turístico e social, necesitaría 8 millóns de euros.

6, Abril 2009

A idea pasa por converter a antiga fábrica de papel de Lousado nun gran centro cultural, turístico e de formación ocupacional para as persoas con discapacidade e síndrome de Down. Todo principiou fai dous anos con motivo dunha exposición artística que tivo como escenario esta antiga fábrica e a súa finca anexa. Daquéla, foi cando varios persoeiros que acudiran a exposición "sondearon" ó propietario, José Hipolito Rodríguez Presas, sobre a súa disponibilidade de venda ou cesión desta propiedade para unha actividade pública. Nunha entrevista con Xan Pinal no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", Presas contou que fora a por aquél entón  Concelleira de Piñor Mª José Perez quen lle fixera a proposta, e pouco tempo despois, o tamén Concelleiro Xabier Saco, presentáralle o Xerente de Aspanas. Foi este quen lle falou do proxecto e da súa finalidade social: formar e dar traballo as persoas con discapacidade.

O ex-alcalde de Cea acolleu con tal entusiasmo a idea que o día da Festa da Saleta do pasado 2008 expuso ás súas intención á súa familia: ceder esta propiedade ó Concello de Piñor á cambeo e coa única condición de que nun prazo de cinco anos se execute o proxecto. "O apoio da miña familia foi total e incondicional" - contou Presas- , de maneira que  "asi llo comuniquei tanto ós responsables municipais de Piñor como da Asociaciòn Aspanas".  "Agora -engadiu- trataríase de constituír unha Fundación para xestionar todo o proceso de construcción e posterior funcionamento do futuro centro"

Antes será necesario acadar a financiación necesaria para poder levar a cabo este ambicioso proxecto. Calculase que  se precisarían unhos oito millós de euros,  e poderíanse crear unhos 150 postos de traballo, o que convertería a este proxecto en punteiro no seu ámbito a nivel galego. O Concelleiro Xabier Saco, nunha entrevista no programa "A MAÑÁ DE COPE O CARBALLIÑO" asegurou que xa visitara o lugar Anxo Quintana, co que xa estaban moi adiantados os contactos para acadar o apoio autonómico, e tamén  que "espero o mesmo apoio e sensiblidade do Novo Goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia".

UN POUCO DE HISTORIA

Esta antiga fábrica de papel de Lousado fora fundada por Antonio Rivero de Aguilar e estivo en producicón desde finais do século 19 e  atá mediados do 20. Foi vendida en varias ocasións e outros propietarios foron Perfectino Viétez, Fernando De Cardenas ou o catalán Pascual Llopart, que foi so seu último propietario antes de que a adquiríse José Hipólito Rodríguez Presas no ano 1965. Na súa época de explendor chegou a contar con perto de cen traballadores, na súa maioria mulleres. A nave, construída en pedra e nun bó estado de conservación,  tén unha superficie de 1.800 metros cadrados. Ademáis a propiedade conta cunha antiga minicentral eléctrica que estivo en funcionamento atá os anos setenta do século pasado, e que tamén forma parte da cesión, igual que un muiño restaurado fai unhos anos, e unha finca anexa.