Convocado "por imperativo legal" o pleno extraordinario solicitado polos grupos da oposición

9, Xaneiro 2017

O pleno extraordinario fora solicitado polos 3 grupos da oposición PSOE, Fai O Irixo e Polos Veciños- o pasado dia 2 de Decembro de 2016. Non obstante,o alcalde Manuel Penedo non procedeu a súa convocatoria.

Por este motivo o pleno extraordinario celebraráse, sen convocatoria do alcalde, este próximo mércores día 11 de xaneiro ás 12 horas,convocandose por imperativo legal xa que así o establece a lei unha vez que non foi convocado polo alcalde nos 15 días preceptivos para elo.

O pleno extraordinario contén 13 puntos, 8 mocións do Psoe, 4 mocións de Fai O Irixo, e 1 moción de Polos veciños.

Este é o terceiro pleno extraordinario que teñen que solicitar no trascurso do último ano para poder tratar a maioría das súas propostas que o alcalde mete no caixón.

Os socialistas lamentan que o alcalde e o equipo de goberno non sexan quen de convocar un pleno para tratar mocións de intereses para mellorar a vida dos veciños e veciñas do Irixo.

Recordan os socialistas que o último pleno foi no mes de agosto, fai máis de 5 meses, cando deberían celebrarse cada dous, tendo mocións pendentes de levar ó pleno dende o pasado mes de xullo de 2016, fai máis de 6 meses, e "que o goberno do Irixo, alcalde, tenente de alcalde e a concelleira con dedicación, lle custan ó concello do Irixo máis de 70 mil euros, e non son capaces de convocar os plenos do concello", manifestan.

"Un goberno esgotado, sen ganas e sen proxecto máis que o de cobrar e manterse no posto indefinidamente sen traballar e achegar propostas de futuro para facer do Irixo un concello vivo e próspero para tódolos veciños e veciñas do Irixo por igual", recalcan dende o PSOE local.

A orde do día do PLENO EXTRAORDINARIO é a seguinte:

1º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA A REPARACIÓN E REHABILITACIÓN DO CRUCEIRO DE ORROS, E CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN E POSTA EN VALOR DO ENTORNO E DO CRUCEIRO DA RÚA E DA SUA PRAZA NA PARROQUIA DE LOUREIRO. (Rexistrouse o día 29 de xullo de 2016.)
2º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA O MANTEMENTO, LIMPEZA E REPARACIÓN DAS HUMIDADES DO CENTRO ESCOLAR DE O IRIXO. (Rexistrouse o día 12 de agosto de 2016.)

3º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA A CONSTRUCCIÓN E/OU APERTURA DUN CENTRO DE DÍA NO IRIXO. (Rexistrouse o día 19 de agosto de 2016.)

4º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA O RECOÑECEMENTO PÚBLICO CUNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL SOBRE A LABOR E IMPORTANCIA DA COOPERATIVA DE LOUREIRO E DO SEU FUNDADOR PARA O IRIXO. (Rexistrouse o día 9 de setembro de 2016.)
5º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA A ORGANIZACIÓN DE REUNIÓNS INFORMATIVAS POR PARROQUIAS SOBRE BENEFICIOS E PERXUIZOS DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA NO IRIXO. (Rexistrouse o día 23 de setembro de 2016.)
6º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. (Rexistrouse o día 4 de novembro de 2016.)
7º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA A CONTRATACIÓN DAS EMPRESAS DO IRIXO NAS OBRAS PÚBLICAS DO CONCELLO DO IRIXO. (Rexistrouse o día 11 de novembro de 2016.)
8º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE O IRIXO PARA QUE SE REFORCE CON OUTRA AMBULANCIA O SERVIZO DE EMERXENCIAS DO PAC DO CARBALLIÑO DO QUE DEPENDE O IRIXO. (Rexistrouse o día 25 de novembro de 2016.)
9º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DE FAI IRIXO PARA QUE SE ADOPTEN MEDIDAS PARA INSTAR Á CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL PARA QUE PROCEDA Ó DRAGADO DE SEDIMENTOS DO LEITO DO RÍO VIÑAO Ó SEU PASO POLOS LUGARES DAS LAXAS E DA PONTE. (Rexistrouse o día 9 de agosto de 2016.)

10º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DE FAI IRIXO PARA QUE SE ADOPTEN MEDIDAS PARA QUE A XUNTA DE GALICIA ASUMA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO E MANTEMENTO DO CENTRO DE SAÚDE DO IRIXO. (Rexistrouse o día 12 de agosto de 2016.)

11º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DE FAI IRIXO PARA QUE SE ADOPTEN MEDIDAS PARA A CREACIÓN DE RUTAS DE ÁRBORES E FORMACIÓNS VEXETAIS SINGULARES DO CONCELLO DO IRIXO. (Rexistrouse o día 12 de agosto de 2016.)

12º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DE FAI IRIXO PARA QUE SE ADOPTEN MEDIDAS PARA A PRESTACIÓN DE AXUDAS Á MOBILIDADE DENTRO DO CONCELLO. (Rexistrouse o día 18 de outubro de 2016.)

13º.-MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DE POLOS VECIÑOS PARA A CREACIÓN DUNHA ESCOLA TALLER AGROALIMENTARIA NO CONCELLO. (Rexistrouse o día 17 de xuño de 2016.)