Convocan unha concentración de solidariedade e apoio ao Alcalde e Tenente-Alcalde do Irixo
A concentración, promovida por un grupo de veciños, convocaráse para o vindeiro sábado dia 5 de maio na Praza do Concello do Irixo. Ademáis do apoio aos máximos responsables muncipais, os convocantes defenderán a instalación da incineradora no Irixo.
Os promotores do acto pretenden "que sexa unha protesta pacífica e respetuosa que os veciños do Irixo queremos facer ante as amenazas e insultos personais, ante as pintadas e ante a imposición de ideas que estamos a sufrir durante os últimos 4 meses, asi como tamén amosar o apoio ó Alcalde Manuel Penedo e ó Tenente Alcalde Manuel Cerdeira", afirman.
Por medio dunha nota remitida a esta emisora de radio, invitan a "todos os que defendedes o desenvolvemento do Irixo e pensades que a incineradora é unha boa oportunidade, a todos os que queredes decirlle a Lito e Penedo que non están sos, para berrar en silencio que non todo vale e que xa cruzaron o límite", para que acudan a esta concentración que se celebrará as 12 do mediodia do vindeiro dia 5 de maio diante a casa do concello do Irixo.