Convocatoria extraordinaria da Corporación no Dia Internacional contra a violencia de xénero

25, Novembro 2018

O Pleno extaordinario da corporación municipal do Carballiño celebrado nesta tarde de domingo, con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, contou coa colaboración dun grupo de nenos e nenas do Carballiño, que foron os protagonistas da sesión ao ler a declaración institucional consensuda por todos os grupos políticos do concello carballiñés.

Neste manifesto institucional, os grupos politicos representados na corporación municipal, acordan:

1. Expresar a intención de promover a implicación ampla de toda a cidadanía para adoptar compromisos persoais e colectivos a favor da igualdade entre mulleres e homes, así coma o rexeitamento expreso ante calquera manifestación da violencia machista ou discriminación sexista.

2. Adquirir o compromiso para implementar políticas de coeducación en igualdade e dirixir a mirada á mocidade para desterrar os roles sexuais e eliminar actitudes e comportamentos normalizados que reproducen e perpetúan a a desigualdade coma orixe do machismo.

3. Reforzar a área de Igualdade, desde onde se coordinan as políticas transversais para a igualdade entre mulleres e homes, cos recursos e o orzamento adecuado. Crear unha partida orzamentaria ou gasto destinado a políticas de igualdade de xénero.

4. Avanzar na consecución dunha sociedade corresponsable, igualitaria no privado e no público, respectuosa cos intereses e necesidades das mulleres e dos homes.

5. Comprometer o apoio da Corporación ás mobilizacións locais e nacionais que desenvolvan as organizacións feministas galegas contra a violencia machista os 365 días do ano.

6. Demandar da Xunta de Galiza a creación dunha Unidade de Violencia Machista específica integrada na Dirección Xeral de Xustiza encargada de facer cumprir a lexislación en materia de violencia machista.

A sesión plenaria celebrada este 25-N fora solicitada inicialmente polo grupo municipal do BNG, e consensuada posteriormente polo resto dos grupos políticos con representación no concello do Carballiño.

Antes de celebrarse o pleno, tivo lugar unnha concentración na Praza Maior, na que participaron un cento de persoas.