A Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non convoca unha asemblea informativa

9, Maio 2012

A reunión vaise celebrar este próximo sábado dia 12 de maio ás 4 da tarde no local social da Rúa, na Parroquia de Loureiro.

Nesta asemblea informaráse por parte dos responsables da Coordenadora das actividades desenvolvidas, tamèn das que se pretenden levar a cabo próximamente, e outras informacións de interese.

Dende a Coordenadora Veciñal Incineradora No Irixo Non incídese no carácter público  desta reunión, aberta a todas as persoas interesadas na actividade que desenvolve esta asociación que foi constituída no Irixo no pasado mes de decembro de 2011, cando se dera a coñecer a decisión de ubicar no municipio do Irixo a planta incineradora de lixo para o sur de Galicia.