Cope O Carballiño achegouse á Residencia de Maiores San Amaro para coñecer as súas instalacións
Esther e Joaquín co persoal de cociña
(Redacción. Belén González) Neste programa realizado dende o Concello de San Amaro, o equipo de Cope O Carballiño trasladouse á residencia de maiores do San Amaro onde estivemos co seu xerente, Jesús Pérez, coa súa directora Esther e co xefe de cociña, Joaquín. A residencia ven de celebrar unha gran comida de confraternidade na honra do patrón do concello, San Mauro. Para esta ocación, Joaquín e o seu equipo de cociña elexiron un menú variado e un tanto diferente: unha paella ó máis puro estilo valenciano e uns postres moi ricos. Según Joaquín unha das claves para cociñar para os nosos maiores é facelo con moito cariño e dedicación. Unha empanada de atún e unha paella que tivo unha gran variedade de mariscos como mexillóns, nécoras, langostinos e bogavante. Ó remate desta comida houbo un rico postre composto por un pincho de froitas, iogures e moitos máis doces. Nesta comida non só estiveron os residentes senón que acudiron tódolos familiares que o desexaron para compartir con eles este día de festividade local na honra de San Mauro. A súa directora, Esther ofreceu unha viaxe polas instalacións que fai pouco máis dun ano que se inauguraron e na que traballan unhas 20 persoas, das que a maioría son do concello de San Amaro. Esta residencia conta con unha sala de perruquería, un ximnansio onde acuden os residentes coa fisioterapeuta para realizar exercicios, amplas salas para que os maiores pasen o seu tempo de lecer e xardíns para realizar paseos. Outro punto que destacou Esther é que os residentes poden saír ó longo da semana para ir visitar o pobo e mesmo a casa onde viviron ata fai pouco máis dun ano. Esta foi unha das claves que a residencia requería para poder ter "inquilinos". Un espazo rodeado de natureza e tranquilo para que os nosos maiores poidan desfrutar da súa vida.