Coronavirus: novo brote no concello do Irixo e, doutra parte, Sanidade confirma que o cribado a usuarios e persoal da residencia Quercus de Leiro foi negativo
Sanidade notificou este martes un novo brote de coronavirus no municipio do Irixo, que afecta polo menos a tres persoas. A pasada semana deuse conta de dous casos positivos ligados ao concello, o alcalde Manuel Cerdeira e un traballador municipal, agora Sanidade confirma un novo contaxio e polo tanto convértese en brote.
Doutra parte, o cribado realizado a todos os usuarios e persoal da residencia de maiores Quercus de Leiro deu pleno de negativos. O pasado domingo, Sanidade notificara un positivo en Covid-19 dunha traballadora deste xeriátrico.