A Corporación de Cea aprobou o plan especial para a creación de solo industrial no municipio
A Corporación Municipal do Concello de San Cristovo de Cea celebrou esta mañá una sesión plenaria na que procedeu á aprobación inicial do plan especial para a creación de solo insdustrial neste Municipio. A futura área industrial ubicaráse en montes veciñais nas inmediacións da localidade de Fondo de Cea, preto da estrada N-525, dunha superficie de cen mil metros cadrados que se completarán coa adquisición de terreos a particulares. De feito, nas últimas semanas xa se acometeron traballos de tala de árbores e inciouse incluso a explanación dos terreos nos que está previsto que se instale a empresa "Las Cinco Jotas", coa que o Concello de San Cirtovo de Cea asinou meses atrás un protocolo de colaboración polo que esta empresa se comprometía a ubicarse en Cea, ónde construirá unha nave de 50.000 metros cadrados, sería entón unha das máis grandes de Europa, para desenvolver a súa actividade de fabricación de vivendas modulares, que combinan a pedra e a madeira na súa construcción. As previsións anunciadas polo Alcalde de Cea apuntan a creación de 140 postos de traballo directos.
Jose Luis Valladares espera que nun prazo de dous meses se complete a tramitación prevista para a creación desta área industrial, que se está levando a cabo -remarcou o Rexidor Muncipal- baixo as pautas quemarca a Dirrección xeral de Urbanismo, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, a quen Valladares agradeceu a colaboración que ven prestando para axilizar na medida do posible os prazos previstos.